sábado, 30 de enero de 2016
PARAUGAS POLA PAZ
Onte celebramos no C.E.I.P. Domaio o Día Escolar pola Paz e a non violencia. Este ano quisemos adicar o día aos refuxiados sirios, mostrando a nosa solidariedade a través de paraugas acolledores decorados por cada unha das clases. Escoitamos o relato dun neno sirio; limos manifestos en favor da paz e cantamos unha canción.
viernes, 29 de enero de 2016
BATALLA DE RANDE: unha ollada ao pasado
Os alumnas e alumnas do terceiro ciclo, dentro do proxecto que se leva a cabo este curso no centro, " Explorando Domaio" e concretamente no apartado de historia, decidiron investigar sobre un feito moi importante que ocurriu no lugar que podemos ver a través das ventás das nosas aulas.
A BATALLA DE RANDE
Viaxa ao ano 1702 con este vídeo

Entra en google maps premendo na imaxe inferior, e localiza os lugares que estiveron implicados na batalla.
jueves, 21 de enero de 2016
PAZ 2016
O próximo día 30 de xaneiro celebraremos O Día Escolar pola Paz e non violencia. Ademais das actividados que acostuman desenvolver as distintas clases e, a celebración do noso acto conxunto o venres 29, pensamos que é un bo momento para achegarnos un pouco máis ao problema dos refuxiados sirios.
Entra nos mapas interactivos para saber onde está Siria e que países o rodean
Entra nos mapas interactivos para saber onde está Siria e que países o rodean
INFÓRMATE
Nenos desplazados
Axuda aos refuxiados
Suscribirse a:
Entradas (Atom)