Onte ( con un día de atraso) celebramos no colexio, o Día escolar pola Paz e a non Violencia, cunha xornada de xogos cooperativos.
Pretendíamos que os nenos e nenas tiveran ocasión de convivir e relacionarse con outros alumnos/as diferentes aos do seu grupo clase; participar en xogos nos que se poden divertir cooperando e axudando aos demais.
Tamén foi unha boa ocasión para aprender xogos novos que poderán seguir practicando nos recreos.
Ao final da xornada cantamos xuntos unha canción.
Damos as gracias aos alumnos de 6º e a profesora de educación física pola organización desta xornada.