miércoles, 9 de marzo de 2016
Alejandro Magno
Alejandro III, fillo de Filipo II de
Macedonia e discípulo do filósofo Aristóteles,
naceu no ano 356 a.C. e, á idade
de 20 anos, sucedeu ao seu pai no trono.
Alejandro recibiu o título de “Magno”
porque, sendo un rei tan novo, venceu ao poderoso Imperio Persa e ao seu rei
Darío III, iniciando unha época que de conquistas que lle levou a estender os
seus dominios desde Grecia, Exipto e Babilonia ata Asia Central chegando mesmo
á India. Aínda que pareza incrible, Alejandro nunca foi derrotado e é quizais o
caso único na historia militar mundial.
sábado, 30 de enero de 2016
PARAUGAS POLA PAZ
Onte celebramos no C.E.I.P. Domaio o Día Escolar pola Paz e a non violencia. Este ano quisemos adicar o día aos refuxiados sirios, mostrando a nosa solidariedade a través de paraugas acolledores decorados por cada unha das clases. Escoitamos o relato dun neno sirio; limos manifestos en favor da paz e cantamos unha canción.
viernes, 29 de enero de 2016
BATALLA DE RANDE: unha ollada ao pasado
Os alumnas e alumnas do terceiro ciclo, dentro do proxecto que se leva a cabo este curso no centro, " Explorando Domaio" e concretamente no apartado de historia, decidiron investigar sobre un feito moi importante que ocurriu no lugar que podemos ver a través das ventás das nosas aulas.
A BATALLA DE RANDE
Viaxa ao ano 1702 con este vídeo
Busca máis información
Entra en google maps premendo na imaxe inferior, e localiza os lugares que estiveron implicados na batalla.
jueves, 21 de enero de 2016
PAZ 2016
O próximo día 30 de xaneiro celebraremos O Día Escolar pola Paz e non violencia. Ademais das actividados que acostuman desenvolver as distintas clases e, a celebración do noso acto conxunto o venres 29, pensamos que é un bo momento para achegarnos un pouco máis ao problema dos refuxiados sirios.
Entra nos mapas interactivos para saber onde está Siria e que países o rodean
Entra nos mapas interactivos para saber onde está Siria e que países o rodean
INFÓRMATE
Nenos desplazados
Axuda aos refuxiados
Suscribirse a:
Entradas (Atom)







