viernes, 22 de junio de 2018

FELIZ VERÁN

O verán e una época para descansar e desfrutar das actividades ó aire libre cos amigos/amigas e as nosas familias. Tamén é o mellor momento do ano para ler, seguro que tes algún libro interesante esperando para comezar.

No pen-drive tes actividades de lingua, lengua e matemáticas por se queres repasar. Recorda facer o traballo como en clase, con atención e intentando facelo o mellor posible. Non te preocupes, se hai algo que non saibas facer, pode ser que aínda non o déramos.


Aproveita as vacacións para perderte polo noso blog, atoparás cousas interesantes . Entra nas distintas páxinas: cocosmatemáticos, dálle a lingua, toma la palabra,coñecendo o entorno... e poderás repasar moitas cousas. 

Aquí vos deixo algúns enlaces para atopar actividades concretas con máis facilidade.

ortografía lengua castellana

ortografía lingua galega

moitas actividades de matemáticas e lingua

 





lunes, 21 de mayo de 2018

COÑECENDO O BOSQUE DE RIBEIRA

Hoxe os alumnos e alumnas de quinto e sexto fixemos unha excursión seguindo o curso do río Freixa para coñecer a flora e fauna do bosque de ribeira. Subimos ata a Poza da Moura e o miradoiro. Polo camiño vimos os muíños.
Esta excursión está dentro do programa "Aprende Moaña".

PASÁMOLO MOI BEN!!!












viernes, 11 de mayo de 2018

LETRAS GALEGAS 2018

Este ano, 2018, a figura protagonista do día das Letras Galegas é María Victoria Moreno, así  convértese na cuarta muller; despois de Rosalía Castro, Francisca Herrera e María Mariño, que leva este recoñecemento.

Le a interesante biografía que Fina Casalderrey e Marilar Aleixandre fixeron sobre a autora homenaxeada.

http://primaveradasletras.gal/maria-victoria-moreno/

                                        

Documentos para imprimir



                                                         Comproba canto sabes

https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1512988033/contido/Victoria/victoria.html

                                                          Máis actividades interactivas

http://primaveradasletras.gal/category/outros-materiais/interactivos/

martes, 10 de abril de 2018

A LIÑA DO TEMPO

Este mes comezamos coa historia. Imos facer moitas actividades para despertar o noso interese por coñecer cousas do pasado.



Cronograma: A historia de ano en ano


A continuación hai uns vídeos sinxelos de cada unha das épocas .

PREHISTORIA




edad antigua



EDAD MEDIA








VÍDEO EDAD MODERNA



EDAD CONTEMPORANEA





domingo, 4 de marzo de 2018

DÍA DA MULLER


O dia 8 de marzo conmemoramos o Día Internacional da Muller. É importante recordar este día posto que a pesar dos avances, aínda hai moitas mulleres que sofren desigualdade e violencia.
A continuación vos deixamos uns recursos para traballar este tema en clase.











miércoles, 28 de febrero de 2018

ROSALÍA E O MAR

 O 24 de febreiro celebramos o 181 aniversario de ROSALÍA DE CASTRO (1837- 1885).
Imos traballar entre todos/as  un poema do libro Cantares Galegos que comeza cunha estrofa que fala do mar, así lembramos a importancia desta muller na nosa cultura. No seguinte vídeo podes escoitar o poema "Has de cantar" o primeiro que aparece en dito libro.




Tamén podes ver e escoitar a canción " Rosalia pequeniña" de Uxía Senlle.


martes, 6 de febrero de 2018

PIRATAS NA RÍA?

Cres que a nosa ría é un lugar para piratas?
Entra nos seguintes enlaces para coñecer algo da nosa historia. Seguro que levas algunha sorpresa.
Non esquezas anotar os datos que che parezan máis interesantes,  e pon  tamén as datas.





Historia da illa de San Simón