O próximo día 30 de xaneiro celebraremos O Día Escolar pola Paz e non violencia. Ademais das actividados que acostuman desenvolver as distintas clases e, a celebración do noso acto conxunto o venres 29, pensamos que é un bo momento para achegarnos un pouco máis ao problema dos refuxiados sirios.
Entra nos mapas interactivos para saber onde está Siria e que países o rodean
Hoxe celebramos o magosto no noso colexio. Este ano houbo dúas actuacións: os nenos e nenas de 5º e 6º cantaron " o rap do magosto" e os nenos e o alumnado de educación infantil e o de primaria ata cuarto curso, unha canción tradicional. Por suposto houbo castañas para todos/as.