Hoxe celebramos no noso colexio un acto conxunto para conmemorar o Día Escolar pola Paz e a non Violencia, que quixemos que fora unha homenaxe á figura de Nelson Mandela.
Durante a semana , realizáronse fotografías de
distintas escenas protagonizadas por todos os nenos/as onde se reflectían as distintas maneiras de
entender a Paz. Ao mesmo tempo, durante as clases, traballouse sobre Nelson
Mandela.
Está mañá colocamos as nosas fotografías ao
redor dun gran retrato de Mandela. Recordamos a súa vida e algunhas das súas
citas máis importantes. Cantamos todos/as xuntos cancións de Paz, mentres se
proxectaba un vídeo feito coas nosas imaxes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario