lunes, 1 de diciembre de 2014

CONTOS CON MÚSICA EN DIRECTO

O pasado xoves os nenos e nenas do C.E.I.P. Domaio recibimos a visita de Marta e Brais ou o que é o mesmo, da TROPA DE TRAPO , que cargados de historias percorren a xeografía galega, facendo soñar e pensar aos nenos e maiores que queiran achegarse a escoitar un conto.
Trouxeron o espectáculo "ANTÍA , WAMBA E O REGATO PEQUENO " , catro historias para reflexionar sobre a solidariedade , a igualdade  e o que nos podemos aportar os uns aos outros. Catro contos na boca de Wamba, un mozo do Congo que un día tropezou con Antía, unha nena galega, e xuntos descubriron que podían compartir moito mais do que pensaban.

FOI UN ESPECTÁCULO FANTÁSTICO!!!





No hay comentarios:

Publicar un comentario