miércoles, 25 de mayo de 2016

EXCURSIÓN A SANTIAGO E PADRÓN

O próximos martes 31 de maio iremos de excursión a Santiago para visitar as cubertas da catedral; tamén visitaremos a casa de Rosalia de Castro en Padrón . Aquí tes información de interese  que podes consultar e así aproveitarás moito máis as visitas.








sábado, 14 de mayo de 2016

MANUEL MARÍA

Manuel María Fernández Teixeiro , naceu en Outeiro de Rei, na Terra Cha luguesa, en 1929.
Destacou polo seu carácter combativo e reivindicativo e polo seu compromiso político e cultural co nacionalismo galego.
Comezou a publicar dende moi novo. “Muiñeiro de brétemas” o seu primeiro libro de poemas editouno con só 21 anos.
É autor dunha chea de libros, utilizando todos os xéneros literarios: poesía, narrativa, teatro... sendo un dos poetas galegos máis musicados de todos os tempos.
A Real Academia Galega adícalle, polo seu compromiso co idioma galego, o Día das Letras de 2016.



miércoles, 4 de mayo de 2016

VISITAMOS AFAMO

O venres 29 de abril o alumnado de 5º e 6º de Domaio visitamos AFAMO (Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer do Morrazo) para colaborar con eles na elaboración do maio. Ademais, rematamos  a  nosa visita cantando unhas coplas que escribimos para esta ocasión, bailamos, fixemos fotos, entregamos uns agasallos...   Fui unha experiencia incríble e moi gratificante para todos que nos deixou con ganas de volver a visitalos e compartir novas actividades con eles.