Vídeos interesantes para repasar contidos importantes do tema:
miércoles, 28 de noviembre de 2018
jueves, 13 de septiembre de 2018
COMEZA O CURSO
Comezamos un novo curso no C.E.I.P Plurilingüe de Domaio con moita ilusión e ganas de traballar. Damos a benvida a todo o alumnado e en especial a unha alumna que se incorpora ao grupo de sexto e que ven de Namibia. Estamos moi contentos/as de tela entre nós.
viernes, 22 de junio de 2018
FELIZ VERÁN
O verán e una época para descansar e desfrutar das actividades ó aire libre cos amigos/amigas e as nosas familias. Tamén é o mellor momento do ano para ler, seguro que tes algún libro interesante esperando para comezar.
No pen-drive tes actividades de lingua, lengua e matemáticas por se queres repasar. Recorda facer o traballo como en clase, con atención e intentando facelo o mellor posible. Non te preocupes, se hai algo que non saibas facer, pode ser que aínda non o déramos.

Aproveita as vacacións para perderte polo noso blog, atoparás cousas interesantes . Entra nas distintas páxinas: cocosmatemáticos, dálle a lingua, toma la palabra,coñecendo o entorno... e poderás repasar moitas cousas.
Aquí vos deixo algúns enlaces para atopar actividades concretas con máis facilidade.
ortografía lengua castellana
ortografía lingua galega
moitas actividades de matemáticas e lingua
lunes, 21 de mayo de 2018
COÑECENDO O BOSQUE DE RIBEIRA
Hoxe os alumnos e alumnas de quinto e sexto fixemos unha excursión seguindo o curso do río Freixa para coñecer a flora e fauna do bosque de ribeira. Subimos ata a Poza da Moura e o miradoiro. Polo camiño vimos os muíños.
Esta excursión está dentro do programa "Aprende Moaña".
Esta excursión está dentro do programa "Aprende Moaña".
PASÁMOLO MOI BEN!!!
viernes, 11 de mayo de 2018
LETRAS GALEGAS 2018
Este ano, 2018, a figura protagonista do día das Letras Galegas é María Victoria Moreno, así convértese na cuarta muller; despois de Rosalía Castro, Francisca Herrera e María Mariño, que leva este recoñecemento.
Le a interesante biografía que Fina Casalderrey e Marilar Aleixandre fixeron sobre a autora homenaxeada.
Comproba canto sabes
Máis actividades interactivas
Le a interesante biografía que Fina Casalderrey e Marilar Aleixandre fixeron sobre a autora homenaxeada.
Documentos para imprimir
Comproba canto sabes
Máis actividades interactivas
martes, 10 de abril de 2018
A LIÑA DO TEMPO
Este mes comezamos coa historia. Imos facer moitas actividades para despertar o noso interese por coñecer cousas do pasado.
Cronograma: A historia de ano en ano
A continuación hai uns vídeos sinxelos de cada unha das épocas .
PREHISTORIA
edad antigua
EDAD MEDIA
VÍDEO EDAD MODERNA
EDAD CONTEMPORANEA
domingo, 4 de marzo de 2018
DÍA DA MULLER
O dia 8 de marzo
conmemoramos o Día Internacional da Muller. É importante recordar este día
posto que a pesar dos avances, aínda hai moitas mulleres que sofren
desigualdade e violencia.
A continuación
vos deixamos uns recursos para traballar este tema en clase.
miércoles, 28 de febrero de 2018
ROSALÍA E O MAR
O 24 de febreiro celebramos o 181 aniversario de ROSALÍA DE CASTRO (1837- 1885).
Imos traballar entre todos/as un poema do libro Cantares Galegos que comeza cunha estrofa que fala do mar, así lembramos a importancia desta muller na nosa cultura. No seguinte vídeo podes escoitar o poema "Has de cantar" o primeiro que aparece en dito libro.
Tamén podes ver e escoitar a canción " Rosalia pequeniña" de Uxía Senlle.

martes, 6 de febrero de 2018
PIRATAS NA RÍA?
Cres que a nosa ría é un lugar para piratas?
Entra nos seguintes enlaces para coñecer algo da nosa historia. Seguro que levas algunha sorpresa.
Non esquezas anotar os datos que che parezan máis interesantes, e pon tamén as datas.
martes, 30 de enero de 2018
lunes, 15 de enero de 2018
Suscribirse a:
Entradas (Atom)