Mostrando entradas con la etiqueta Curso. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Curso. Mostrar todas las entradas
jueves, 13 de septiembre de 2018
COMEZA O CURSO
Comezamos un novo curso no C.E.I.P Plurilingüe de Domaio con moita ilusión e ganas de traballar. Damos a benvida a todo o alumnado e en especial a unha alumna que se incorpora ao grupo de sexto e que ven de Namibia. Estamos moi contentos/as de tela entre nós.
domingo, 10 de septiembre de 2017
COMEZO DO CURSO 2017/2018
Ola
Comezas un novo curso no C.E.I.P. Plurilingüe de Domaio.
Como sabes o colexio é un lugar que che vai axudar a ser
unha persoa responsable e competente.
Esto implica que vas adquirir coñecementos e destrezas
para seguir medrando; vas desenvolver habilidades sociais que che permitan
relacionarte dun xeito positivo cos demais.
Intentaremos que aprendas a expresar as túas emocións e
opinións de forma respectuosa; a resolver os teus conflictos a través da
comunicación e o diálogo; darche a
oportunidade de ter novas experiencias e intereses.
Queremos que asumas valores como: o recoñecemento da
igualdade de dereitos entre as persoas, que aprecies o feito de ser diferente,
que rexeites todo tipo de violencia , que sexas respectuoso co medio...
Pero
todo isto non seremos quen de conseguilo, se non é co teu compromiso e esforzo, e coa
colaboración e confianza da túa familia.
Os profesores e profesoras do C.E.I.P Plurilingüe de Domaio, dámosche a
benvida.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)