Ola
Comezas un novo curso no C.E.I.P. Plurilingüe de Domaio.
Como sabes o colexio é un lugar que che vai axudar a ser
unha persoa responsable e competente.
Esto implica que vas adquirir coñecementos e destrezas
para seguir medrando; vas desenvolver habilidades sociais que che permitan
relacionarte dun xeito positivo cos demais.
Intentaremos que aprendas a expresar as túas emocións e
opinións de forma respectuosa; a resolver os teus conflictos a través da
comunicación e o diálogo; darche a
oportunidade de ter novas experiencias e intereses.
Queremos que asumas valores como: o recoñecemento da
igualdade de dereitos entre as persoas, que aprecies o feito de ser diferente,
que rexeites todo tipo de violencia , que sexas respectuoso co medio...
Pero
todo isto non seremos quen de conseguilo, se non é co teu compromiso e esforzo, e coa
colaboración e confianza da túa familia.
Os profesores e profesoras do C.E.I.P Plurilingüe de Domaio, dámosche a
benvida.
Que tengamos todos un buen curso.
ResponderEliminarEste comentario ha sido eliminado por el autor.
ResponderEliminar