viernes, 27 de marzo de 2020

FACEMOS CARTEIS EN CASA


 Xa sabedes que hai unha iniciativa cidadá na que os nen@s poden implicarse e que axudará a que manteñamos o ánimo e o bo humor nestes días difíciles.

Propóñennos que fagamos con nosos peques carteis ou pancartas para colgar das nosas terrazas ou poñer nas xanelas. A idea é que cando os nenos vexan na terraza de en fronte outro cartel, anímelles pensar que nesa casa tamén hai outro nen@ pasando polo mesmo que el/ela.

Nós, vos invitamos a facer un cartel relacionado co eslogan” Queda na casa” “ Eu quedo na casa” cun mensaxe de ánimo tipo “Todo vai ir ben” ou “Todo sairá ben”. Pero tamén se pode poñer algunha mensaxe de agradecemento ou solidariedade co persoal sanitario, repartidor, policías, empregados do supermercado, ... Calquera colectivo que estea traballando para facernos a vida máis fácil.

Facede fotos aos vosos carteis e envialas  aos grupos de difusión do cole, irémolas publicando nos nosos blogs.
ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario