Este ano 2020 o Día das Letras Galegas está dedicado á lembranza de Ricardo Carballo Calero, ou Ricardo Carvalho Calero, nome co que asinou as súas obras dende 1981 ata que faleceu. (Ferrol, 1910 – Santiago de Compostela, 1990) é unha das figuras máis importantes da cultura galega do século XX, en especial pola súa contribución ao estudo da literatura galega, polo maxisterio que exerceu como primeiro profesor e catedrático universitario de Lingüística e Literatura Galega e pola influencia que conseguiron as súas ideas sobre o idioma galego.
Nes seguintes enlaces atoparás, informacións, actividades, vídeos e xogos que che permitirán aprender un pouco máis sobre este autor.
No hay comentarios:
Publicar un comentario