Aquí está unha mostra dos libros de lapelas feitos polos nenos e nenas de quinto de primaria, sobre a súa vida. Constan de autorretratos, liña do tempo, as cousas que lles fan felices, as persoas importantes para eles/elas ..., e todo o que quiseron engadir.
Cada un presentou o seu libro á clase.
Agora coñecémonos todos/as un pouco máis.
Onte visitounos Teresa González Costa autora do libro "A filla do ladrón de bicicletas" polo que obtivo no ano 2010 o XXV Premio Merlín de Literatura Infantil.
Os alumnos/as de 6º e 5º falamos coa autora sobre os personaxes, o que máis nos gustou da historia, o que nos sorprendeu , etc. Pasamos un tempo moi agradable con ela.
Non vamos contar nada do argumento porque aínda hai persoas que o están a ler, e non lles faría ningunha graza.
Os/as que xa o lemos, podemos dicir que nos gustou moito e o recomendamos.
O martes 19 de maio, grazas á editorial Santillana, visitou o noso centro Sabela Gago e puidemos disfrutar moito cunha historia dramatizada todos os nenos/as de Primaria.
Este ano adícase o Día das Letras Galegas ao escritor pontevedrés XOSÉ FERNANDO FILGUEIRA VALAVERDE, autor de numerosas obras nos campos da literatura, historia, antropoloxía e arqueoloxía. É coñecido no ámbito cultural galego co sobrenome de " Ovello profesor".
Nos seguintes enlaces atoparedes información sobre a súa vida e o obra .
Hoxe celébrase o Día de Rosalia coincidindo coa data do seu nacemento.
Deixámosvos os videos que fixo a Asociación de Escritoras en Lingua Galega.
Tamén podedes consultar a súa vida e obra e facer outras actividades.
Os alumnos e alumnas de Quinto, inspirándose nas palabras das súas camisetas, escribiron estes poemas. E como pouco a pouco van dominando o tratamento de texto e o manexo do ordenador , tamén prepararon os documentos que forman estes libros.