domingo, 20 de noviembre de 2016

domingo, 16 de octubre de 2016

EDUCACIÓN VIAL

   Todo o alumnado do C.E.I.P. Domaio participou nun programa de educación viaria impartido pola D.X.T. coa colaboración da policía local e o Concello de Moaña, os días 11, 13 e 14 de Outubro.
   Os alumnos e alumnas de quinto e sexto, o venres , asistimos a unha interesante charla sobre seguridade viaria e despoís, puxemos en práctica as normas  como conductores de bicicletas e peóns nun circuito no patio do colexio.
   Como somos os/as maiores tamén conducimos karts.

PASÁMOLO XENIAL !!!!!!




domingo, 2 de octubre de 2016

CÓMIC AS NORMAS DE 6º

O alumnado de sexto fixo este cómic para recordar as normas de convivencia da aula.



martes, 21 de junio de 2016

DE EXCURSIÓN POLO BLOG

Aproveita as vacacións para perderte polo noso blog, atoparás cousas interesantes deste curso e dos anteriores. Entra nas distintas páxinas: cocosmatemáticos, dálle a lingua, toma la palabra,... e poderás repasar moitas cousas.

No seguinte enlace atoparás ademais, propostas de actividades de lectura e matemáticas de quinto






BOAS VACACIÓNS A TODOS/AS

jueves, 16 de junio de 2016

ORTOGRAFÍA, ¿POR QUÉ NO?

 En este enlace encontrarás un montón de actividades para repasar y practicar las reglas de ortografía de lengua castellana.

¡Pon mucha atención y aprenderás sin darte cuenta!


http://contenidos.educarex.es/mci/2006/08/html/menu.htm

Recuerda que en este blog  hay  más actividades de ortografía en lengua castellana y también en lengua gallega.




martes, 7 de junio de 2016

TRABALLANDO POEMAS DE MANUEL MARÍA

Os alumnos/as de quinto curso de primaria fixeron unhas presentacións sobre poemas de Manuel María. aquí están os vídeos dos seus traballos.

















jueves, 2 de junio de 2016

UNHA GRAN EXCURSIÓN !!!!

O pasado martes os alumnos e alumnas de 4º, 5º e 6º de Primaria foron de excursión a Santiago de Compostela. Visitaron as cubertas da catedral e pasearon pola cidade. Despois achegáronse a Padrón , para comer na alameda e despois visitaron a casa museo de Rosalia de Castro. 

 PASÁRONO MOI BEN!!!







miércoles, 25 de mayo de 2016

EXCURSIÓN A SANTIAGO E PADRÓN

O próximos martes 31 de maio iremos de excursión a Santiago para visitar as cubertas da catedral; tamén visitaremos a casa de Rosalia de Castro en Padrón . Aquí tes información de interese  que podes consultar e así aproveitarás moito máis as visitas.








sábado, 14 de mayo de 2016

MANUEL MARÍA

Manuel María Fernández Teixeiro , naceu en Outeiro de Rei, na Terra Cha luguesa, en 1929.
Destacou polo seu carácter combativo e reivindicativo e polo seu compromiso político e cultural co nacionalismo galego.
Comezou a publicar dende moi novo. “Muiñeiro de brétemas” o seu primeiro libro de poemas editouno con só 21 anos.
É autor dunha chea de libros, utilizando todos os xéneros literarios: poesía, narrativa, teatro... sendo un dos poetas galegos máis musicados de todos os tempos.
A Real Academia Galega adícalle, polo seu compromiso co idioma galego, o Día das Letras de 2016.



miércoles, 4 de mayo de 2016

VISITAMOS AFAMO

O venres 29 de abril o alumnado de 5º e 6º de Domaio visitamos AFAMO (Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer do Morrazo) para colaborar con eles na elaboración do maio. Ademais, rematamos  a  nosa visita cantando unhas coplas que escribimos para esta ocasión, bailamos, fixemos fotos, entregamos uns agasallos...   Fui unha experiencia incríble e moi gratificante para todos que nos deixou con ganas de volver a visitalos e compartir novas actividades con eles. 













domingo, 24 de abril de 2016

QUIOSCO SOLIDARIO

Co gallo do día do libro hai montado no colexio un quiosco cun feixe de libros de galego, castelán, inglés ...Como queremos colaborar con Caritas Moaña, fixemos a campaña

1 libro por un kilo de alimento

Do 25 ao 29 de abril, en horario de 9.30 a 10 horas e de 14 a 14.30 horas , podedes visitar o noso quiosco e elexir o libro que queirades, trocándoo por un kilo ou litro de alimento ( aceite, leite, arroz, fariña,...)

Saúdos e boa letura a todos e todas.



martes, 19 de abril de 2016

MIGUEL DE CERVANTES Y EL QUIJOTE

Aquí os dejo algunas actividades para que os animéis a conocer un poco más a Miguel de Cervantes y El Quijote.




viernes, 15 de abril de 2016

ESCRIBIR É DIVERTIDO

Aquí tes un xogo moi divertido co que poderás crear a túas propias bandas deseñadas e cómics.
Antes de lanzarte directamente a escribir, é conveniente que botes unha ollada para comprobar as posibilidades que hai. Ten tarefas moi fáciles e outras máis complicadas. Recorda tamén que é importante facer un guión antes de empezar a escribir calquer texto.



viernes, 1 de abril de 2016

VISITA AO CASTRO DE VIGO

 O próximo venres día 8 de abril os alumnos e alumnas de 4º , 5º e 6º de Primaria, iremos ao monte do Castro en Vigo para visitar os restos excavados do antigo poboado castrexo, así como as réplicas das construccións. También visitaremos o castelo -fortaleza.

 Na páxina do Concello de Vigo atoparás información que podes consultar antes de realizar a visita , e tamén propostas de actividades.

Máis información.



Preme na seguinte imaxe para ver o percorrido dende o teatro Afundación, onde asistiremos aun concerto, ata o Monte do Castro.



Plano castelo do Castro


miércoles, 16 de marzo de 2016

ANÍMATE A LER " A FILLA DO LADRÓN DE BICICLETAS"

Onte visitounos Teresa González Costa autora do libro "A filla do ladrón de bicicletas" polo que obtivo no ano 2010 o XXV Premio Merlín de Literatura Infantil.
Os alumnos/as de 6º e 5º falamos coa autora sobre os personaxes, o que máis nos gustou da historia, o que nos sorprendeu , etc. Pasamos un tempo moi agradable con ela.
Non vamos contar nada do argumento porque aínda hai persoas que o están a ler, e non  lles faría ningunha graza.
Os/as que xa o lemos, podemos dicir que nos gustou moito e o recomendamos.




 NESTE ENLACE ATOPARÁS UN LIM SOBRE O LIBRO


miércoles, 9 de marzo de 2016

El antiguo Egipto





Alejandro Magno

Alejandro III, fillo de Filipo II de Macedonia e discípulo do filósofo Aristóteles,  naceu no  ano 356 a.C. e, á idade de 20 anos,  sucedeu ao seu pai no trono.

Alejandro recibiu o título de “Magno” porque, sendo un rei tan novo, venceu ao poderoso Imperio Persa e ao seu rei Darío III, iniciando unha época que de conquistas que lle levou a estender os seus dominios desde Grecia, Exipto e Babilonia ata Asia Central chegando mesmo á India. Aínda que pareza incrible, Alejandro nunca foi derrotado e é quizais o caso único na historia militar mundial.


Os Persas



Mesopotamia

Vídeo de Mesopotamia


sábado, 30 de enero de 2016

PARAUGAS POLA PAZ

Onte celebramos no C.E.I.P. Domaio o Día Escolar pola Paz  e a non violencia. Este ano quisemos adicar o día aos refuxiados sirios, mostrando a nosa solidariedade a través de paraugas acolledores decorados por cada unha das clases. Escoitamos o relato dun neno sirio; limos manifestos en favor da paz e cantamos unha canción.






viernes, 29 de enero de 2016

BATALLA DE RANDE: unha ollada ao pasado

Os alumnas e alumnas do terceiro ciclo, dentro do proxecto que se leva a cabo este curso no centro,   " Explorando Domaio" e concretamente no apartado de historia, decidiron investigar sobre un feito moi importante que ocurriu no lugar que podemos ver a través das ventás das nosas aulas.

A BATALLA DE RANDE

Viaxa ao ano 1702 con este vídeo




Busca máis información


Entra en google maps premendo na imaxe inferior, e localiza os lugares que  estiveron implicados na batalla.