viernes, 1 de diciembre de 2017

SAÍMOS DE NOVO

Onte , os alumnos e alumnas de 5º e 6º visitamos o centro medioambiental do Morrazo no polígono Castiñeiras, onde nos mostraron a importancia de reciclar. Visitamos as instalacións e comprobamos como realizan a separación  dos residuos.


Despois visitamos o Museo Massó no centro de Bueu. O museo consta de dúas plantas, unha dedicada a vida naval: coleccións, descubrimentos, maquetas,... A segunda recolle elementos propios da industria conserveira.

A semana pasada fomos a Vigo para ver unha película da Universidade  sobre o mundo dos signátidos e despois visitamos a exposición " Percorrendo a nosa arte. Esencia dunha colección"na modalidade " Os sefies do seculo XIX"


NON PARAMOS!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario