Mostrando entradas con la etiqueta museo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta museo. Mostrar todas las entradas

jueves, 26 de octubre de 2017

A PRIMEIRA SAÍDA DO CURSO

Hoxe os alumnos e alumnas de 4º, 5º, e 6º fixemos una saída a Vigo . Primeiro fomos ao centro cultural Afundación para ver a obra de teatro " Laberinto", despois nos diriximos ao museo etnográfico Liste para participar nun obradoiro de instrumentos humildes. Aprendemos moitas maneiras de facer música con  elementos cotiás e da natureza. Cantamos cancións tradicionais e construímos un instrumento cunha casca de noz. Seguro que os vosos avos e avoas saben facer música con moitas cousas, cando teñades ocasión, preguntádelle.
Tamén gustounos moito o xardín que rodea ao museo, alí merendamos e xogamos no labirinto.

PASÁMOLO MOI BEN!



Este é o instrumento que fixemos. Soa moi ben

jueves, 27 de noviembre de 2014

UNHA SAÍDA PARA APRENDER

Onte os alumnos/as de 4º, 5º e  6º tivemos una mañá moi interesante.
Primeiro fomos ao Centro Cultural Afundación para ver dúas películas " Mar de un bosque encantado" e "Esencia das mareas" dentro do Ciclo de cine submarino que se está a celebrar en Vigo.  Despois fixemos un descanso para repoñer forzas e xogar un pouco, que nunca está de mais.
A eso das doce e media entramos no museo  etnográfico Liste que conta con nove salas de exposición permanente sobre a cultura tradicional galega. Aprendimos cousas moi interesantes sobre obxectos de madeira escavada, formas de alumeado,  profesións, cultivos,.... Ademais da exposición temporal sobre roupa interior.

Pasámolo moi ben!!!!