jueves, 27 de noviembre de 2014

UNHA SAÍDA PARA APRENDER

Onte os alumnos/as de 4º, 5º e  6º tivemos una mañá moi interesante.
Primeiro fomos ao Centro Cultural Afundación para ver dúas películas " Mar de un bosque encantado" e "Esencia das mareas" dentro do Ciclo de cine submarino que se está a celebrar en Vigo.  Despois fixemos un descanso para repoñer forzas e xogar un pouco, que nunca está de mais.
A eso das doce e media entramos no museo  etnográfico Liste que conta con nove salas de exposición permanente sobre a cultura tradicional galega. Aprendimos cousas moi interesantes sobre obxectos de madeira escavada, formas de alumeado,  profesións, cultivos,.... Ademais da exposición temporal sobre roupa interior.

Pasámolo moi ben!!!!








miércoles, 19 de noviembre de 2014

20 DE NOVEMBRO, DIA UNIVERSAL DO NENO


O 20 de novembro de de 1959 A ONU aprobou a Declaración dos Dereitos do Neno e o mesmo día de 1989 as Naciones Unidas promulgaron a  Convención sobre os Dereitos do Neno , fai hoxe 25 anos.
 



Busca información sobre  os Dereitos dos nenos/as


Preme na seguinte imaxe para realizar actividades. Tamén o podes descargar




martes, 18 de noviembre de 2014

A VIDA QUE NOS RODEA

Divírtete con xogos interactivos, vídeos, cómics, noticias coas que poderás coñecer a vida que nos rodea, evitar perigos e de paso axudar a salvar o planeta.


jueves, 30 de octubre de 2014

SAMAÍN NO COLE

Como todos os anos, no C.E.I.P. Domaio realizamos algunhas actividades para conmemorar o Samaín. Destacamos a exposición de cabazas na que participaron moitos alumnos /as do cole,  fixeron un traballo fantástico coa axuda das súas familias.
Tamén houbo moita participación no certame de contos de medo promovido pola biblioteca do centro.
O alumnado de terceiro ciclo contoulles os contos aos nenos e nenas de  primeiro ciclo, o que resoltou todo un éxito!
















martes, 28 de octubre de 2014

XOGA COS ANIMAIS

Comproba con este xogo cantas cosas sabes sobre os animais e segue aprendendo.
http://catedu.es/chuegos/control/pasa.swf

jueves, 11 de septiembre de 2014

INICIO DE CURSO CON SORPRESA

Onte cando chegamos ao colexio chamounos a atención a enorme seta que naceu no areeiro.  En realidade son dúas, a primeira sae do tronco da árbore, e a outra está no chan. Despertouse a nosa curiosidade!!!!

Hoxe visitounos o mestre Manolo Méndez, quen nos explicou cousas moi interesantes sobre as setas e nos animou a observar e buscar máis información sobre elas. Ao final recomendounos arrincalas porque esta especie se alimenta de materia orgánica e podía danar a nosa árbore.









 







POR CERTO,
 FELIZ INICIO DE CURSO!!!!!