viernes, 15 de abril de 2016

ESCRIBIR É DIVERTIDO

Aquí tes un xogo moi divertido co que poderás crear a túas propias bandas deseñadas e cómics.
Antes de lanzarte directamente a escribir, é conveniente que botes unha ollada para comprobar as posibilidades que hai. Ten tarefas moi fáciles e outras máis complicadas. Recorda tamén que é importante facer un guión antes de empezar a escribir calquer texto.



viernes, 1 de abril de 2016

VISITA AO CASTRO DE VIGO

 O próximo venres día 8 de abril os alumnos e alumnas de 4º , 5º e 6º de Primaria, iremos ao monte do Castro en Vigo para visitar os restos excavados do antigo poboado castrexo, así como as réplicas das construccións. También visitaremos o castelo -fortaleza.

 Na páxina do Concello de Vigo atoparás información que podes consultar antes de realizar a visita , e tamén propostas de actividades.

Máis información.



Preme na seguinte imaxe para ver o percorrido dende o teatro Afundación, onde asistiremos aun concerto, ata o Monte do Castro.



Plano castelo do Castro


miércoles, 16 de marzo de 2016

ANÍMATE A LER " A FILLA DO LADRÓN DE BICICLETAS"

Onte visitounos Teresa González Costa autora do libro "A filla do ladrón de bicicletas" polo que obtivo no ano 2010 o XXV Premio Merlín de Literatura Infantil.
Os alumnos/as de 6º e 5º falamos coa autora sobre os personaxes, o que máis nos gustou da historia, o que nos sorprendeu , etc. Pasamos un tempo moi agradable con ela.
Non vamos contar nada do argumento porque aínda hai persoas que o están a ler, e non  lles faría ningunha graza.
Os/as que xa o lemos, podemos dicir que nos gustou moito e o recomendamos.




 NESTE ENLACE ATOPARÁS UN LIM SOBRE O LIBRO


miércoles, 9 de marzo de 2016

El antiguo Egipto





Alejandro Magno

Alejandro III, fillo de Filipo II de Macedonia e discípulo do filósofo Aristóteles,  naceu no  ano 356 a.C. e, á idade de 20 anos,  sucedeu ao seu pai no trono.

Alejandro recibiu o título de “Magno” porque, sendo un rei tan novo, venceu ao poderoso Imperio Persa e ao seu rei Darío III, iniciando unha época que de conquistas que lle levou a estender os seus dominios desde Grecia, Exipto e Babilonia ata Asia Central chegando mesmo á India. Aínda que pareza incrible, Alejandro nunca foi derrotado e é quizais o caso único na historia militar mundial.


Os Persas



Mesopotamia

Vídeo de Mesopotamia