Manuel María Fernández Teixeiro , naceu en Outeiro de Rei, na Terra Cha luguesa, en 1929.
Destacou polo seu carácter combativo e reivindicativo e polo seu compromiso político e cultural co nacionalismo galego.
Comezou a publicar dende moi novo. “Muiñeiro de brétemas” o seu primeiro libro de poemas editouno con só 21 anos.
É autor dunha chea de libros, utilizando todos os xéneros literarios: poesía, narrativa, teatro... sendo un dos poetas galegos máis musicados de todos os tempos.
A Real Academia Galega adícalle, polo seu compromiso co idioma galego, o Día das Letras de 2016.
sábado, 14 de mayo de 2016
miércoles, 4 de mayo de 2016
VISITAMOS AFAMO
O venres 29 de abril o alumnado de 5º e 6º de Domaio visitamos AFAMO (Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer do Morrazo) para colaborar con eles na elaboración do maio. Ademais, rematamos a nosa visita cantando unhas coplas que escribimos para esta ocasión, bailamos, fixemos fotos, entregamos uns agasallos... Fui unha experiencia incríble e moi gratificante para todos que nos deixou con ganas de volver a visitalos e compartir novas actividades con eles.
domingo, 24 de abril de 2016
QUIOSCO SOLIDARIO
Co gallo do día do libro hai montado no colexio un quiosco cun feixe de libros de galego, castelán, inglés ...Como queremos colaborar con Caritas Moaña, fixemos a campaña
1 libro por un kilo de alimento
Do 25 ao 29 de abril, en horario de 9.30 a 10 horas e de 14 a 14.30 horas , podedes visitar o noso quiosco e elexir o libro que queirades, trocándoo por un kilo ou litro de alimento ( aceite, leite, arroz, fariña,...)
Saúdos e boa letura a todos e todas.
martes, 19 de abril de 2016
MIGUEL DE CERVANTES Y EL QUIJOTE
Aquí os dejo algunas actividades para que os animéis a conocer un poco más a Miguel de Cervantes y El Quijote.
viernes, 15 de abril de 2016
ESCRIBIR É DIVERTIDO
Aquí tes un xogo moi divertido co que poderás crear a túas propias bandas deseñadas e cómics.
Antes de lanzarte directamente a escribir, é conveniente que botes unha ollada para comprobar as posibilidades que hai. Ten tarefas moi fáciles e outras máis complicadas. Recorda tamén que é importante facer un guión antes de empezar a escribir calquer texto.
Antes de lanzarte directamente a escribir, é conveniente que botes unha ollada para comprobar as posibilidades que hai. Ten tarefas moi fáciles e outras máis complicadas. Recorda tamén que é importante facer un guión antes de empezar a escribir calquer texto.
viernes, 1 de abril de 2016
VISITA AO CASTRO DE VIGO
O próximo venres día 8 de abril os alumnos e alumnas de 4º , 5º e 6º de Primaria, iremos ao monte do Castro en Vigo para visitar os restos excavados do antigo poboado castrexo, así como as réplicas das construccións. También visitaremos o castelo -fortaleza.
Na páxina do Concello de Vigo atoparás información que podes consultar antes de realizar a visita , e tamén propostas de actividades.
Preme na seguinte imaxe para ver o percorrido dende o teatro Afundación, onde asistiremos aun concerto, ata o Monte do Castro.
Na páxina do Concello de Vigo atoparás información que podes consultar antes de realizar a visita , e tamén propostas de actividades.
Máis información.
Preme na seguinte imaxe para ver o percorrido dende o teatro Afundación, onde asistiremos aun concerto, ata o Monte do Castro.
Plano castelo do Castro
miércoles, 16 de marzo de 2016
ANÍMATE A LER " A FILLA DO LADRÓN DE BICICLETAS"
Onte visitounos Teresa González Costa autora do libro "A filla do ladrón de bicicletas" polo que obtivo no ano 2010 o XXV Premio Merlín de Literatura Infantil.Os alumnos/as de 6º e 5º falamos coa autora sobre os personaxes, o que máis nos gustou da historia, o que nos sorprendeu , etc. Pasamos un tempo moi agradable con ela.
Non vamos contar nada do argumento porque aínda hai persoas que o están a ler, e non lles faría ningunha graza.
Os/as que xa o lemos, podemos dicir que nos gustou moito e o recomendamos.
NESTE ENLACE ATOPARÁS UN LIM SOBRE O LIBRO
Suscribirse a:
Entradas (Atom)











