domingo, 24 de abril de 2016

QUIOSCO SOLIDARIO

Co gallo do día do libro hai montado no colexio un quiosco cun feixe de libros de galego, castelán, inglés ...Como queremos colaborar con Caritas Moaña, fixemos a campaña

1 libro por un kilo de alimento

Do 25 ao 29 de abril, en horario de 9.30 a 10 horas e de 14 a 14.30 horas , podedes visitar o noso quiosco e elexir o libro que queirades, trocándoo por un kilo ou litro de alimento ( aceite, leite, arroz, fariña,...)

Saúdos e boa letura a todos e todas.



martes, 19 de abril de 2016

MIGUEL DE CERVANTES Y EL QUIJOTE

Aquí os dejo algunas actividades para que os animéis a conocer un poco más a Miguel de Cervantes y El Quijote.




viernes, 15 de abril de 2016

ESCRIBIR É DIVERTIDO

Aquí tes un xogo moi divertido co que poderás crear a túas propias bandas deseñadas e cómics.
Antes de lanzarte directamente a escribir, é conveniente que botes unha ollada para comprobar as posibilidades que hai. Ten tarefas moi fáciles e outras máis complicadas. Recorda tamén que é importante facer un guión antes de empezar a escribir calquer texto.



viernes, 1 de abril de 2016

VISITA AO CASTRO DE VIGO

 O próximo venres día 8 de abril os alumnos e alumnas de 4º , 5º e 6º de Primaria, iremos ao monte do Castro en Vigo para visitar os restos excavados do antigo poboado castrexo, así como as réplicas das construccións. También visitaremos o castelo -fortaleza.

 Na páxina do Concello de Vigo atoparás información que podes consultar antes de realizar a visita , e tamén propostas de actividades.

Máis información.



Preme na seguinte imaxe para ver o percorrido dende o teatro Afundación, onde asistiremos aun concerto, ata o Monte do Castro.



Plano castelo do Castro


miércoles, 16 de marzo de 2016

ANÍMATE A LER " A FILLA DO LADRÓN DE BICICLETAS"

Onte visitounos Teresa González Costa autora do libro "A filla do ladrón de bicicletas" polo que obtivo no ano 2010 o XXV Premio Merlín de Literatura Infantil.
Os alumnos/as de 6º e 5º falamos coa autora sobre os personaxes, o que máis nos gustou da historia, o que nos sorprendeu , etc. Pasamos un tempo moi agradable con ela.
Non vamos contar nada do argumento porque aínda hai persoas que o están a ler, e non  lles faría ningunha graza.
Os/as que xa o lemos, podemos dicir que nos gustou moito e o recomendamos.




 NESTE ENLACE ATOPARÁS UN LIM SOBRE O LIBRO


miércoles, 9 de marzo de 2016

El antiguo Egipto





Alejandro Magno

Alejandro III, fillo de Filipo II de Macedonia e discípulo do filósofo Aristóteles,  naceu no  ano 356 a.C. e, á idade de 20 anos,  sucedeu ao seu pai no trono.

Alejandro recibiu o título de “Magno” porque, sendo un rei tan novo, venceu ao poderoso Imperio Persa e ao seu rei Darío III, iniciando unha época que de conquistas que lle levou a estender os seus dominios desde Grecia, Exipto e Babilonia ata Asia Central chegando mesmo á India. Aínda que pareza incrible, Alejandro nunca foi derrotado e é quizais o caso único na historia militar mundial.