domingo, 10 de septiembre de 2017

COMEZO DO CURSO 2017/2018

Ola                                  
Comezas un novo curso no C.E.I.P. Plurilingüe de Domaio.
Como sabes o colexio é un lugar que che vai axudar a ser unha persoa responsable e competente.
Esto implica que vas adquirir coñecementos e destrezas para seguir medrando; vas desenvolver habilidades sociais que che permitan relacionarte dun xeito positivo cos demais.
Intentaremos que aprendas a expresar as túas emocións e opinións de forma respectuosa; a resolver os teus conflictos a través da comunicación  e o diálogo; darche a oportunidade de ter novas experiencias e intereses.
Queremos que asumas valores como: o recoñecemento da igualdade de dereitos entre as persoas, que aprecies o feito de ser diferente, que rexeites todo tipo de violencia , que sexas respectuoso co medio...
Pero todo isto non seremos quen de conseguilo, se non é  co teu compromiso e esforzo, e coa colaboración e confianza da túa familia.

Os profesores e profesoras do C.E.I.P Plurilingüe de Domaio, dámosche a benvida.

 

jueves, 4 de mayo de 2017

LETRAS GALEGAS 2017






No seguinte enlace podes atopar unha selección de artigos, escritos por Carlos Casares,  que se publicaron no xornal " La  voz de Galicia "




Atopa máis información na páxina da Fundación Carlos Casares





miércoles, 8 de marzo de 2017

DE VISITA POLO ENTORNO

Onte os alumnos e  alumnas de 5º e 6º visitamos a Estación Depuradora de Augas residuais de Moaña onde nos ensinaron o proceso, totalmente biolóxico, que levan a cabo para recuperar a auga; e contribuír así , á conservación  do medio ambiente .
Despois fomos ao Instituto A Paralaia para ver a exposición " De Castelao ao mañá: unha ollada ao cómic galego". Foi moi interesante!
Como tiñamos un pouco de tempo, ensináronnos as instalacións do instituto.

PASÁMOLO MOI BEN E APRENDIMOS COUSAS NOVAS!!!






miércoles, 1 de febrero de 2017

XOGA EN PAZ

Onte ( con un día de atraso)  celebramos no colexio, o Día escolar pola Paz e a non Violencia, cunha xornada de xogos cooperativos.

Pretendíamos que os nenos e nenas tiveran ocasión de convivir e relacionarse con outros alumnos/as diferentes aos do seu grupo clase; participar en xogos nos que se poden divertir cooperando e axudando aos demais.
Tamén foi unha boa ocasión para aprender xogos novos que poderán seguir practicando nos recreos.
Ao final da xornada  cantamos xuntos unha canción.

Damos as gracias aos alumnos de 6º e a profesora de educación física pola organización desta xornada.




domingo, 20 de noviembre de 2016

domingo, 16 de octubre de 2016

EDUCACIÓN VIAL

   Todo o alumnado do C.E.I.P. Domaio participou nun programa de educación viaria impartido pola D.X.T. coa colaboración da policía local e o Concello de Moaña, os días 11, 13 e 14 de Outubro.
   Os alumnos e alumnas de quinto e sexto, o venres , asistimos a unha interesante charla sobre seguridade viaria e despoís, puxemos en práctica as normas  como conductores de bicicletas e peóns nun circuito no patio do colexio.
   Como somos os/as maiores tamén conducimos karts.

PASÁMOLO XENIAL !!!!!!




domingo, 2 de octubre de 2016

CÓMIC AS NORMAS DE 6º

O alumnado de sexto fixo este cómic para recordar as normas de convivencia da aula.