martes, 28 de noviembre de 2017

COA CHUVIA CHEGARON OS COGUMELOS!

Hoxe os nenos e nenas de 5º e 6º asistimos a unha charla sobre cogumelos impartida polo mestre Xosé Manoel Mendez. Trouxo moitisimos exemplares e explicounos cousas moi interesantes. Tamén mostrounos unha presentación de fotografías fantástica.

Xa sabemos algo máis dos cogumelos!!!




martes, 21 de noviembre de 2017

QUE FARÍAS TI?

Esta semana faremos distintas actividades relacionadas coa conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero.  Entrade no blog do colexio  para ler os libros sobre o tema, que despois comentaremos.

  Aquí vos deixo un video moi interesante.

domingo, 5 de noviembre de 2017

O LIBRO DA MIÑA VIDA

Aquí está unha mostra dos libros de lapelas feitos polos nenos e nenas de quinto de primaria, sobre a súa vida. Constan de autorretratos, liña do tempo, as cousas que lles fan felices, as persoas importantes para eles/elas ..., e todo o que quiseron engadir.
Cada un presentou o seu libro á clase.
Agora coñecémonos todos/as un pouco máis.

jueves, 26 de octubre de 2017

A PRIMEIRA SAÍDA DO CURSO

Hoxe os alumnos e alumnas de 4º, 5º, e 6º fixemos una saída a Vigo . Primeiro fomos ao centro cultural Afundación para ver a obra de teatro " Laberinto", despois nos diriximos ao museo etnográfico Liste para participar nun obradoiro de instrumentos humildes. Aprendemos moitas maneiras de facer música con  elementos cotiás e da natureza. Cantamos cancións tradicionais e construímos un instrumento cunha casca de noz. Seguro que os vosos avos e avoas saben facer música con moitas cousas, cando teñades ocasión, preguntádelle.
Tamén gustounos moito o xardín que rodea ao museo, alí merendamos e xogamos no labirinto.

PASÁMOLO MOI BEN!



Este é o instrumento que fixemos. Soa moi ben

miércoles, 20 de septiembre de 2017

ACTIVIDADES LENGUA Y MATEMÁTICAS

 En el siguiente enlace hay un montón de actividades de lengua y matemáticas.

https://asiblogueaoceipdomaio.blogspot.com.es/2014/06/


Si haces click en la imagen inferior, encontrarás actividades de lectura para realizar en la libreta de lengua . No olvides poner el número de la ficha, la fecha y contestar con oraciones enteras.



domingo, 10 de septiembre de 2017

COMEZO DO CURSO 2017/2018

Ola                                  
Comezas un novo curso no C.E.I.P. Plurilingüe de Domaio.
Como sabes o colexio é un lugar que che vai axudar a ser unha persoa responsable e competente.
Esto implica que vas adquirir coñecementos e destrezas para seguir medrando; vas desenvolver habilidades sociais que che permitan relacionarte dun xeito positivo cos demais.
Intentaremos que aprendas a expresar as túas emocións e opinións de forma respectuosa; a resolver os teus conflictos a través da comunicación  e o diálogo; darche a oportunidade de ter novas experiencias e intereses.
Queremos que asumas valores como: o recoñecemento da igualdade de dereitos entre as persoas, que aprecies o feito de ser diferente, que rexeites todo tipo de violencia , que sexas respectuoso co medio...
Pero todo isto non seremos quen de conseguilo, se non é  co teu compromiso e esforzo, e coa colaboración e confianza da túa familia.

Os profesores e profesoras do C.E.I.P Plurilingüe de Domaio, dámosche a benvida.